Samsung anuncia o Galaxy S8+ en rosa para Taiwán

Cada vez é máis habitual que os fabricantes teñan versións dun mesmo móbil en diferentes cores. Ás habituais escollas entre negro e branco fóronse sumando nos últimos tempos os dourados e outras cores máis atrevidas, como o azul ou o rosa.

Precisamente este último, o rosa, é unha nova cor para o Samsung Galaxy S8 Plus, que xa estaba dispoñíbel en negro, violeta, prata, azul e dourado (estes dous últimos só en mercados seleccionados).

Polo de agora esta nova cor estará dispoñíbel unicamente en Taiwán, aínda que tendo en conta o gran abano de cores nos que está dispoñíbel o S7 pode ser máis que probábel que nalgún momento chegue tamén ao noso país.

Sobre o autor

Reply