Os móbiles a prazos chegan a Lowi

De agora en diante, as novas clientas de Lowi contan cunha poisibilidade máis na web do operador. Ademáis de contratar unha liña móbil ou fibra, tamén poderán mercar un terminal a prazos se así o necesitan ou lles encaixa en prezo.

A súa oferta consta de 12 terminais, entre os que destacamos o LG G7 ou Xiaomi Mi Mix 2, na parte alta e o Sony Xperia L1 ou LG K7 por abaixo. Poden optar por cotas mensuais e a 24 meses de entre 30 e 6,37 euros, segundo a opción elixida.

Iso sí, polo de agora, para poder acollerse a esta financión hai que cumprirr cunha serie de requerimentos. O primeiro é ser unha clienta nova que contrata un paquete de fibra e móbil, con chamas ilimitadas e 20 GB.

Ademáis, tede en contra que a financiación está ofrecida polo banco BBVA polo que ao final de mes contaremos con 2 recibos. O primeiro por parte de Lowi, que corresponde á factura dos servizos de fibra e móbil contratados con eles, e o segundo ben directamente de BBVA en concepto de financiación do terminal mercado.

Se estades interesadas neste novo servizo de Lowi, na súa web da empresa podedes consultar as súas condicións máis polo miúdo.

Sobre o autor

Reply