Orange Kids, a tarifa de Orange para “o primeiro móbil”

Nun sen fin de alternativas e tarifas para escoller ás veces pode resultar complicado decidirse entre as múltiples opcións. Se falamos dos pequenos da cada e dos seus primeiros móbiles, pode que nos entren moitas dúbidas, especialmente na cantidade de datos ou minutos que se inclúen ou na necesidade (ou non) de contar con servizos adicionais.

Orange achega unha tarifa chamada Orange Kids, que non é a máis vantaxosa economicamente falamos nin a que máis cousas inclúe no prezo. Porén, achega outras vantaxes que poden ser interesantes para moitos pais que buscan “algo máis” na tarifa do móbil dos seus fillos.

Cunha cota mensual de 8,95 €/mes, a tarifa Orange Kids ofrécenos:

  • 700 MB de navegación
  • Chamadas ilimitadas na familia (resto a 0 cént/min con establecemento de 30 céntimos)
  • Supervisión parental: con control de contidos, apps e datos en horarios concretos e informes de uso.

Pódese contratar a través dos diferentes distribuidores de Orange ou online a través da web da compañía.

Sobre o autor

Reply