Páxinas Galegas, ou como levar moitos puntos de interese a golpe de Android

Nunca está de máis contar cunha aplicación que nos ofreza información dos servizos que hai ao noso arredor e que nun momento dado podemos precisar usar, como farmacias, caixeiros ou gasolineiras.
Se nos movemos no ámbito galego unha boa alternativa é a aplicación oficial das Páxinas Galegas, que pon ao noso dispór máis de 120.000 empresas e puntos de interese repartidos ao longo do país.
Ademais de permitirnos facer a busca destes servizos (buscas específicas queremos dicir) ao noso arredor, tamén se poden facer comentarios dos lugares, que serán útiles para outros usuarios, así como tamén comprobar o que os demais contan dun determinado sitio.
A aplicación dispón ademais da posibilidade de explorar puntos ao noso arredor (modo ‘tanto che me vale un restaurante como unha farmacia de garda’ :P) ou buscar establecementos nunha determinada ubicación, que non ten que ser preto de nós.
Entre as opcións das que dispomos á hora de traballar cun resultado están as de facer a chamada directamente ao establecemento, acceder á páxina web ou enviar un correo electrónico. Así mesmo, poderemos agregar eses datos á nosa listaxe de contactos, visualizar a situación no mapa ou compartir a información a través das redes sociais.
A aplicación de Páxinas Galegas está dispoñíbel gratuitamente no Android Market para versións 2.1 e superiores.

Sobre o autor

One Response

  1. José Mario 25 Agosto, 2011 Responder

Reply