Nunha recente actualización WhatsApp engadiu ao fin o botón para facer videochamadas directametne desde os chats abertos cos nosos contactos.
Tal e como podemos ver na seguinte captura de pantalla, agora temos a posibilidade de facer as videochamadas sen termos que saír do chat cando a conversa así o precise, dado que contamos con ese acceso directo moi de man.
O certo é que esta actualización non trae moito máis, pero algo tan sinxelo como a implementación deste acceso directo pode fomentar moito o uso dunha funcionalidade que, malia ter chegado hai xa bastante tempo, non acabou de ter o éxito que WhatsApp auguraba.