Xiaomi anunciará os Mi 10 en Europa o 27 de marzo

Xa hai data confirmada para a presentación dos Xiaomi Mi 10 e Xiaomi Mi 10 Pro en Europa. Será o próximo 27 de marzo, logo de que o fabricante chinés tivera que adiar os seus eventos debido á cancelación do Mobile World Congress.

Trátase de dous modelos moi interesantes polas súas características técnicas, que incorporan o procesador Qualcomm Snapdragon 865 e tamén compatibilidades coas redes 5G, aínda que de momento só temos dispoñíbel a de Vodafone no noso país.

Folla de especificacións

Ambos modelos teñen moitas cousas en común, mais tamén algunhas diferenzas hardware. A continuación comparámolos para que poidades ver cales son as principais diferenzas:

Xiaomi Mi 10Xiaomi Mi 10 Pro
Pantalla6,67 polgadas
AMOLED
FullHD+
Taxa refresco 90 Hz
HDR10+
6,67 polgadas
AMOLED
FullHD+
Taxa refresco 90 Hz
HDR10+
ProcesadorSnapdragon 865
GPU Adreno 650
Snapdragon 865
GPU Adreno 650
Versións RAM / interna8GB/128GB
8GB/256GB
12GB/256GB
8GB/256GB
12GB/256GB
12GB/512GB
Cámara frontal20 megapíxeles f/2.0
Vídeo a 120fps
20 megapíxeles f/2.0
Vídeo a 120fps
Cámara traseira108 megapíxeles f/1.7 7P
13 megapíxeles f/2.2 súper gran angular
2 megapíxeles f/2.4 macro
2 megapíxeles f/2.4 bokeh
108 megapíxeles f/1.7 8P
20 megapíxeles f/2.2 súper gran angular
12 megapíxeles f/2.4 retrato
Ultra-Telephoto con zoom híbrido 10X
Sistema operativoAndroid 10
MIUI 11
Android 10
MIUI 11
Batería4.780 mAh
Carga rápida 30W
Carga sen fíos 30W
Carga sen fíos inversa 10W
4.500 mAh
Carga rápida 50W
Carga sen fíos 30W
Carga sen fíos inversa 10W
Conectividade5G SA/NSA
Wi-Fi 6
Bluetooth 5.1
Dual GPS
NFC
USB-C
5G SA/NSA
Wi-Fi 6
Bluetooth 5.1
Dual GPS
NFC
USB-C
OutrosAltofalantes estéreo
Sensor de pegadas dixitais en pantalla
Resistencia al agua P2i
Altofalantes estéreo
Sensor de pegadas dixitais en pantalla
Resistencia al agua P2i
Dimensións e peso162,6 x 74,8 x 8,96 mm
208 gramos
162,6 x 74,8 x 8,96 mm
208 gramos
Prezo (equivalencias)8GB/128GB: uns 530 €
8GB/256GB: uns 550 €
12GB/256GB: uns 620 €
8GB/256GB: uns 670 €
12GB/256GB: uns 720 €
12GB/512GB: uns 790 €

Como pode observarse, as principais diferenzas están nas versións dispoñíbeis e tamén na fotografía, unha característica esta última que se está a converter no principal elemento diferenciador entre modelos de alta gama.

Os prezos indicados son orientativos, xa que son o resultado das equivalencias dos seus prezos na China, mais de seguro que os europeos serán un chisco máis elevados, aínda que nesa liña. En poucos días sairemos de dúbidas.

Sobre o autor

Reply