Galaxy Ace e Galaxy mini. A familia Galaxy aumenta #mwc11

Xa se rumoreaba dende o CES Las Vegas que Samsung irían ao Mobile World Congress cargadiños de novidades, algo que está a amosar estes días con todos os anuncios que está a facer.
Polo de agora, hoxe confirman a chegada de dous novos terminais da familia Galaxy (a liña equipada con Android): o Galaxy Ace e o Galaxy Mini.
Galaxy Ace
Trátase dun terminal pensado para xente enganchada ás novas tecnoloxías e ás redes sociais. Conta cun deseño que nos lembra en parte ao Galaxy S, mais tamén á Galaxy Tab, pero cunha pantalla HVGA de 3,5” e un procesador de 800 MHz.
Galaxy mini
Este terminal está pensado para xente que se queira iniciar en Android, pero que non requira tanto dun terminal. A súa pantalla é de 3,14” e ten un procesador algo máis pequeno, de 600 MHz, suficiente para un terminal das súas características.

Sobre o autor

2 Comments

  1. Denébola 3 Febreiro, 2011 Responder
  2. Vitor de Palas 3 Febreiro, 2011 Responder

Reply