Coñece a altura á que te atopas con Altitude para Android

Se gostades do montunismo (xa sabedes, camiñar polos montes) pode que ao chegar á parte alta dunha montaña vos preguntarades aquilo de: e a canto estará isto sobre o nível do mar?
Esta aplicación, Altitude, permítenos facer iso: coñecer a que altitude estamos dun xeito moi preciso. Ademais, ofrécenos outros datos como a velocidade e dirección do movemento, contando tamén cun histórico co que poderemos saber cal foi o punto máis alto no que estivemos. 
É gratuíta e está no Market dispoñíbel para todos os androides.
Ah! E conta con integración con Facebook para que poidamos presumir das nosas metas conseguidas. Alguén se anima a probala en todos os 8000? 😉

Sobre o autor

Reply