Galaxy S, Galaxy Tab, Desire Z e Desire HD recibirán Gingerbread

Se tes un Samsung Galaxy S, un HTC Desire Z ou Desire HD ou unha tablet Galaxy Tab estás de parabéns. E é que a filial de Vodafone en Australia vén de anunciar no seu Twitter que están traballando con Gingerbread nestes catro dispositivos, polo que é de agardar que dentro de non moito tempo poderemos disfrutar da ansiada versión de Android.

Vía

Sobre o autor

Reply