Pedra, papel, tesoira, lagarto, Spock

Unha entrada para frikoncios: o xogo que popularizou Sheldon Cooper en The Big Bang Theory xa ten versión Android, que non descoida nin o sonoro Bazinga!
Dispón de catro modos de xogo: contra o propio xogo, multixogador dende un único terminal ou multixogador con 2 androides conectados, ben mediante Bluetooth, ben a través de Internet.
Para os que non saibades as regras, lembrámolas aquí:
  • Tesoira corta papel.
  • Papel cubre pedra.
  • Pedra aplasta lagarto.
  • Lagarto envelena a Spock
  • Spock rompe tesoiras
  • Tesoiras decapitan lagarto
  • Papel desautoriza Spock
  • Spock vaporiza pedra
  • Pedra aplasta tesoiras
Para comezar a disfrutar deste xogo podedes pasarvos polo Market e descargalo de xeito gratuíto, iso si, só para Androides 2.2+.

Sobre o autor

One Response

  1. Anonymous 16 Maio, 2011 Responder

Reply