Vaia por diante que non temos nada en contra das fraccións: non vos olvidedes de facer fraccións, pero sabede que o voso smartphone pode facervos a vida máis doada e evitarvos cálculos innecesarios.
A aplicación Calculadora de Fracciones vén definida polo seu propio nome. Que fai? Pois calcular operacións con fraccións (sumas, restas, multiplicacións e divisións), aínda que tamén realiza outros cálculos como o mínimo común múltiplo ou o máximo común divisor.
Un aspecto interesante desta aplicación é que nos amosa o resultado en forma factorial, non cunha ristra infinita (e inexacta) de decimais, algo que persoalmente me gustou bastante.
A aplicación é gratuíta e está dispoñíbel no Market web, para todas as versións de Android superiores á 2.1