Manexando robots a través do Android ADK

Non cabe dúbida de que o Android ADK vai dar os seus froitos en canto a proxectos variados, tanto a nivel profesional coma a nivel caseiro. Nesta ocasións atopámonos cun proxecto no que o seu protagonista é un dos robots Android coleccionables de Dyzplastic. O robotiño, previo paso por taller para lle meter uns servos, é controlado cunha tablet a través da plataforma ADK.

Neste outro vídeo podemos ver o potencial do Android ADK, nesta ocasión conectado a un Nexus S, pero que é capaz de manexar un robot un pouco máis complexo ca o anterior.


A dúbida se cadra é que se o día de mañá todos estes aparellos estarán da nosa parte ou serán o novo Skynet.

Sobre o autor

Reply