A operadora Orange vén de anunciar que incorpora ao seu catálogo unha das tablets máis desexadas do momento, a Galaxy Tab 10.1, que é (até o de agora) a tablet máis fina que atopamos no mercado (tan só 8,6 mm).
Como xa vos temos comentado noutras ocasións, a Galaxy Tab conta coas seguintes características:
- Pantalla de 10,1 polgadas TFT con resolución 1280×800
- Sistema operativo: Android Honeycom (3.1 actualizábel)
- Dobre cámara (traseira 5 MP, frontal de 3 MP) e gravación de vídeo en fHD
- Conectividade Bluetooth, WiFi, USB
- Memoria de 16 GB (apliábel 32 GB mediante microSD)
- Batería 7000 mAh
Trátase, como non, da versión WiFi+3G e estará dispoñíbel o 8 de agosto a partires de 329 € contratando Internet Everywhere.