Xestiona as túas contas de Novacaixagalicia dende o teu Android

Cada vez somos usuarios máis móbiles, polo que xa non temos que agardar a chegar ás nosas casas para facer as certas actividades que antes só se concebían dende un ordenador.

Unha delas é a xestión das nosas contas bancarias, por iso dende Novacaixagalicia veñen de lanzar a súa aplicación para móbiles Android, NCG Banca Móvil, que en realidade é unha revisión da que había de Caixa Galicia pero renovada coa nova imaxe da caixa única e soporte para os usuarios da banca en liña de Caixa Nova.

Grazas a ela poderemos levar a cabo algunhas das operacións bancarias máis habituais:
  • Consulta de contas e depósitos: posibilidade de realizar transferencias, consultar recibos domiciliados, recargar móbiles
  • Operacións das tarxetas de débito/crédito: activación, consulta de saldos e movementos, recarga de móbiles, cambio dos límites de caixeiros, aviso de perda ou roubo
  • Consulta do estado de préstamos e créditos solicitados
  • Consulta de valores e fondos: desglose de títulos, compra/venda de valores…
  • Consulta da correspondencia
Ademais, a aplicación está dispoñíbel en varios idiomas (galego, español e inglés) e permite establecer personalizacións das operacións máis frecuentes.
No seguinte vídeo podedes ver unha demo do seu uso:
A aplicación é totalmente gratuíta e podémola descargar dende o Android Market se temos unha versión de Android 2.0 ou superior.

Sobre o autor

Reply