Por fin podemos ver unha imaxe de calidade do HTC Bliss, unha das novidades de HTC para este último período do ano e que conta con Gingerbread (Android 2.3) aderezado con HTC Sense, a interface propia do fabricante. Neste sentido, estímase que veña coa versión 3.5 do Sense, que sería a nova que está para saír.
O HTC Bliss é un terminal gama media, cun procesador a 800 MHz fabricado por Qualcomm, que até o de agora é a característica que transcendeu do terminal. Polas imaxes, estímase que a súa pantalla sexa de 3,7 polgadas
Verémolo no evento de HTC no marco do IFA2011, polo que non queda nada para saber máis del!