Así está o panorama de actualizacións a Ice Cream Sandwich

Hai apenas dúas semanas fixemos un artigo chamado A cada Gingerbread lle chegará o seu Ice Cream Sandwich, no que analizamos a información sobre as confirmacións ou non de actualización dos diferentes terminais que xa están no mercado á nova versión de Android.
Quixemos agardar este tempo para realizar un novo artigo (o que estás a ler) coa última información dispoñíbel até o de agora. Así que imos aló:
Nexus One
Malas novas para o Nexus One: o primoxénito da saga Nexus quedará sen a súa dose de ICS. Malia contar con hardware semellante ao Nexus S ten déficit de memoria, e aínda que Google non se pronunciou sobre o motivo final que leva a non actualizar o Nexus One, parece que sería este o motivo.
Así que para poder disfrutar de Ice Cream Sandwich nos Nexus One haberá que recurrir a ROM’s cociñadas polos desarrolladores, que haberáas a esgalla.
LG 2X
LG vén de anunciar a actualización dos terminais lanzados este ano (2X, Black, 3D) a Gingerbread. Pouco despois anunciou que un deles, o 2X, non recibirá Ice Cream Sandwich. Dos outros dous nada se sabe.
Samsung
Finalmente, de Samsung sábese que actualizará o Galaxy S II, o Galaxy Note, a Galaxy Tab 10.1, Galaxy Tab 8.9, Galaxy Tab 7.7 e Galaxy Tab 7 Plus. Pero nada sobre o Galaxy S.
Segundo vaiamos tendo máis información, compartirémola convosco.

Sobre o autor

Reply