Liberado o código de Ice Cream Sandwich

Google vén de engadir aos seus repositorios o código fonte de Ice Cream Sandwich, o que abre toda unha chea de posibilidades para os desarrolladores, ademais de permitir que os cociñeiros acheguen novas ROMs de ICS para diferentes dispositivos. De feito, esta será a única forma de que algúns terminais reciban a súa dose de “xeado”.
Pero ademais tamén se liberaron os directorios de Honeycomb, aínda que parece un pouco tarde e seguramente todo o mundo mirará de desarrollar para Ice Cream Sandwich, xa que Android 3.0 é unha versión chamada a desaparecer coa chegada da 4.0.
Pódese acceder aos arquivos desde aquí.

Sobre o autor

Reply