Google Maps actualízase: agora con interiores

A verdade é que non sabemos como o fai, pero Google non deixa de sorprendernos con cada actualización de Google Maps: sempre garda un ás na manga e inclúe unha nova funcionalidade, como nesta versión, a 6.0.

Desta vez a novidade máis destacada ten que ver coa inclusión de mapas interiores de aeroportos e centros comerciais, facendo que atopar unha porta de embarque ou unha determinada tenda sexa un xogo de nenos.

Como adoita facer a compañía do buscador, os primeiros sitios incluídos nesta nova funcionalidade atópanse nos Estados Unidos, aínda que neste caso tamén en Xapón. Diferentes establecementos como Ikea, The Home Depot ou Macy’s (entre outros) inclúense nesta listaxe. Os aeroportos “mapeados” son os de Atlanta (ATL), Chicago O’Hare (ORD), San Francisco (SFO) e Narita (NRT).
No seguinte vídeo podedes ver a demo da viaxe a Ikea por Google Maps.
Alén diso, tamén se engadiu un novo e vistoso menú de acceso rápido ás diferentes funcionalidades relacionadas con Google Maps: Sitios, Navigation, Check-in, Latitude, Historial de Ubicacións e os nosos marcadores de sitios favoritos.

Como sempre, se non vos saiu o aviso de actualización do Android Market, entrade desde o voso terminal na listaxe de aplicacións e actualizádeo.

Sobre o autor

Reply