MiAndroigo, a aplicación para levar a conta dos gastos con Yoigo

Se tedes un Android e sodes clientes de Yoigo, interesaravos saber desta aplicación, MiAndroigo, unha ferramenta coa que podedes ir levando o consumo do que gastades en móbil.
A aplicación accede aos datos da canle de cliente MiYoigo, e permite consultar o consumo que se leva feito, tanto en tempo (minutos das chamadas) como en custe, co IVE xa aplicado.
Dispón de soporte multiconta e ademais permite configurar actualizacións en 2º plano, podendo configurar o tempo entre avisos. Alén diso, dispón de alarma para notificar cando se acada un límite que podemos personalizar e non levar así engorrosas sorpresas.
Todo iso é posíbel na versión gratuíta, soportada por publicidade. Se se aposta pola versión Pro, disponse de widgets nos que visualizar o gasto e consumo, elimínase a publicidade, permite descargar as facturas e se se ten contratada a Tarifa del 0 amosa os minutos consumidos no día.
No Android Market están dispoñíbeis ambas versións, a gratuíta e a de pago (0,75 €).
Graciñas a @adribarbeito, que nos respondeu á pregunta que fixemos no noso Twitter e nos comentou como era a experiencia de usuario, así como tamén aos demais “yoiggers” que contestaron despois ca el: @Dawn4String, @bolboretagz, @Kamynero, @charlieeer, @AmilGZ@BlogBusurbano e @sebastienbg.

Sobre o autor

Reply