A tablet de Google está en camiño según Eric Schmidt

O executivo dos de Mountain View afirma nunha entrevista concedida ao xornal italiano Corriere della Sera que actualmente están traballando nunha tablet que viría a ser unha referencia para os fabricantes, como actualmente fan coa gama de teléfonos Nexus. Pouco máis desvelou sobre este novo proxecto, tan só que comezaremos a ver novas dentro de seis meses.
Tamén confirmou que están traballando nun programa de recoñecemento de voz que pretende mellorar a Siri, versión que Apple lanzou neste último ano.
Non tivo problemas en afirmar que a estratexia a seguir por parte de Google será a de facerlle unha “competencia brutal” aos de Cupertino.

Sobre o autor

Reply