Teremos Galaxy Nexus branco a partires de febreiro

Como vén sendo habitual nos últimos modelos de smartphones que se están a presentar, o Galaxy Nexus tamén disporá de versión en branco, para que todos aqueles seareiros desta cor poidan disfrutalo.
Como podedes imaxinar, as especificacións técnicas non varían nesta versión do terceiro terminal pure Google, que estará dispoñíbel a comezos do mes de febreiro no Reino Unido e esperamos que ao longo do mesmo mes para mercar noutros países de Europa.
Vós con cal vos quedades, co orixinal ou con este?

Sobre o autor

One Response

  1. Anonymous 7 Xaneiro, 2012 Responder

Reply