Google Drive para Android, a aplicación oficial do disco duro de Google

Hai apenas uns minutos anunciamos o lanzamento de Drive, o disco duro de Google. Como comentamos nesa entrada, o disco virtual compleméntase cunha aplicación para smartphones e tablets Android.
Con esta aplicación facilítanse as labores de compartir arquivos que creamos nos diferentes terminais, así como tamén o acceso a calquera documento que subamos á nube desde calquera dispositivo vencellado a Drive.
Desde a aplicación é realmente doado crear novos documentos, follas de cálculo, documentos desde unha foto ou subir fotos, sons ou música, xa que ten un botón adicado a isto. Ademais, tamén ten un buscador para non perdernos entre os nosos documentos.
Desde a pantalla principal temos acceso a Mi Unidad, Compartidos, Favoritos, Recente e Offline, onde poderemos acceder aos documentos que teñamos seleccionados para poder consultar sen conexión. Así mesmo, Drive incorpórase ao menú compartir de Android, para facilitar as cousas á hora de subir arquivos á nube
Google Drive adáptase ás pantallas de gran tamaño, como poden ser as das tablets,, mellorando moito a visualización. 
A aplicación, que é gratuíta, pódese descargar desde a Play Store

Sobre o autor

Reply