Aínda que estamos coa resaca da IFA 2012, na que coñecemos novos dispositivos de varias marcas, HTC quixo gardar as súas apostas para o que queda de ano para un evento en solitario, que terá lugar o vindeiro 19 de setembro.
O que vai presentar non o podemos asegurar con certeza, aínda que está claro que Android vai ter un protagonismo claro e, se todos os rumores e filtracións resultan confirmadas veríamos un novo smartphone e unha tablet.
Segundo parece, o novo terminal tería unha pantalla de 5 polgadas con 1794 x 1080 píxeles de resolución e un procesador Snapdragon S4.
Pola súa banda, da tablet pouco ou nada se sabe. Iso si, estaríamos falando de 10 ou 11 polgadas de dispositivo.
Que agardades vós de HTC?