esBasket, unha boa alternativa para seguir a ACB, LEB Oro, LEB Plata e a Liga Feminina

As e os seguidores das principais ligas de baloncesto españolas dispoñen de diversas aplicacións para seguir as mesmas, ademais da ferramenta oficial. Unha delas é esBasket, da que hoxe vos queremos falar.
Segundo iniciamos a aplicación atopámonos unha pantalla na que poderemos elixir que liga queremos seguir, ou ben acceder a unha sección de novas.
Polo demais, desde a sección Calendario pódese ver cando se xogarán os partidos, coa posibilidade de navegar polas distitnas fases de cada categoría, así como tamén polas xornadas de cada fase. Ademais, tamén se pode comprobar as estatísticas dos partidos que xa teñan rematado, mentres que os que estén en fase de xogo no momento da consulta haberá que seguilos desde a lapela de Xornada Virtual.
É interesante a presenza dun botón adicado a actualizar os datos na Xornada Virtual, pois a validez dos datos durante un partido queda obsoleta en pouco tempo. Do mesmo xeito, temos que ter en conta o consumo de datos que supón o seguemento e actualización constante dos partidos en directo, sobre todo se temos unha tarifa contratada con pouca cantitade de datos. Neste sentido, aínda que en usabilidade pode parecer un pouco lenta ao cargar os datos, a actualización dos mesmos é case instantánea (como se pode ver na foto superior).
Finalmente, como é obvio, a sección de Clasificación amosa a situación de cada equipo na categoría correspondente.
Nome da aplicación: esBasket
Prezo: Gratuíta
Requerimentos: Android 2.2 ou superior
Desenvolvedor: Mobilesoft & Web Design
Descarga: Play Store

Sobre o autor

One Response

  1. Anonymous 16 Outubro, 2012 Responder

Reply

Deixa una resposta a Anonymous Cancelar a resposta