Huawei Ascend Mate e Ascend D2 fanse oficiais #ces2013

Os novos terminais de Huawei que preanunciamos hai uns días xa son oficiais, e por fin coñecemos as principais características técnicas das que veñen provistos.
O primeiro deles é o Ascend Mate, un novo tabletphone que incorpora unha pantalla de 6,1 polgadas e 720p de resolución, procesador de catro núcleos a 1,5 GHz e batería de 4050 mAh. A cámara principal queda nos 8 megapíxeles.
Doutra banda o Ascend D2 vén a loitar na liga da gama alta dos terminais Android cunha pantalla de 5 polgadas e resolución 1080p, procesador de 1,5 GHz tamén de catro núcleos, 2 GB de RAM e batería de 3000 mAh. Neste caso a cámara principal chega até os 13 megapíxeles.
Ambos os dous terminais saen á venda con Android 4.1.2 (Jelly Bean) e estarían dispoñíbeis globalmente a partir de febreiro.
Que vos parecen estes dous novos dispositivos?

Sobre o autor

Reply