Jabra, a paixón polo audio de calidade no Mobile World Congress

A música é móbil. Iso é o que pensan en Jabra, unha empresa especialista na fabricación de auriculares para audio de gran calidade, e que neste Mobile World Congress achegou a Barcelona as últimas novidades con 3 novos accesorios (Jabra Revo Wireless, Jabra Revo corded e Jabra Vox in-ear), que tivemos a ocasión de probar e dos que hoxe queremos falarvos.

Pero antes cómpres sinalar que ademais dos accesorios esta compañía tamén deseñou unha aplicación xunto a Dolby Labs, Jabra Sound (o código de desbloqueo vén cos cascos), que permite sacar todo o partido aos accesorios, activando e desactivando Dolby Digital Plus, cuns resultados que optimizan o son, principalmente para os estilos pop, rock, jazz ou música clásica.
No seguinte vídeo podedes ver unha demo das diferenzas entre activar ou desactivar o Dolby:
Pero ademais de son, en Jabra hai un completo proceso de enxeñaría detrás para facer produtos que sexan duradeiros (a caídas, golpes…) e até para facer os cables antienredos, nos produtos que os usan.Pasemos agora a ver as diferezas entre os 3 produtos que vimos en Barcelona
Jabra Revo Wireless. Sen dúbida son o tope de gama e están pensados para que disfrutar da música sexa tan sinxelo como queiramos.Destaca o uso de NFC para asociación de smartphone – cascos; deste xeito, non teremos que andar a buscar co noso smartphone o Bluetooth dos cascos, senón que simplemente poremos a reproducir unha canción no móbil e achegaremos o seu NFC ao dos cascos para que a música comece a sonar, sen máis complicación.Están fabricados en aluminio e aceiro e permiten a carga por USB, dando unha duración de 10 horas en reprodución; malia todo, tamén teñen un cable por se preferimos usalo cando se lle acabe a batería.Inclúen detalles interesantes como micrófono, totalmente oculto, para que poidamos coller unha chamada sen ter que sacalos, ou o control de volume na propia orella (segundo 30 do vídeo):

Jabra Revo

Moi semellantes aos Jabra Revo Wireless son os Jabra Revo. A maior diferenza está en que estes teñen cable e non conectividade Bluetooth ou NFC. Ademais, teñen unha saída para poder conectar outro par de cascos, por exemplo se viaxamos con outra persoa (a evolución do compartir unha orella para cada un 😉 )

Jabra Vox

A versión máis económica son os Vox, uns auriculares in ear que recollen toda a tecnoloxía dos Revo pero en versión reducida.

Están pensados para ocupar o mínimo espazo, e resitir de todo. Os seus cables están probados para aguantar até 15 kg de peso e contan un pequeno imán que permite ter os cascos unidos cando nos desprazamos. Ademais, incorporan teclas de control de volume, pistas e chamadas.

Como vedes, deseño e calidade de audio veñen da man nos novos accesorios de Jabra. Todos eles poderanse mercar en varios grandes almacéns ademais da súa tenda en liña nas próximas semanas

Sobre o autor

Reply