É unha cámara? É un smartphone? Non, é o novo dispositivo raruno de Samsung, o Galaxy S4 Zoom, que xa vos preanunciamos hai uns días.
Confírmanse as características técnicas que xa se rumorearan, e que pasan por unha pantalla de 4,3 polgadas SuperAMOLED qHD con resolución de 960 x 540 píxeles e protección Gorilla Glass 3, procesador de dobre núcleo a 1,5 GHz, 8 GB de memoria interna ampliábeis por microSD e 1,5 GB de RAM.
Pero sen lugar a dúbidas o principal deste dispositivo é a cámara, que pasa por un sensor de 16 megapíxeles, cun zoom óptico de 10 aumentos e percorrido 24-240 mm (f/3, 1-6,3).
Polo de agora non se sabe nada de cando vai saír á venda. De feito, a súa aparición pública é previa á presentación oficial, que terá lugar o vindeiro día 20 nun evento que ten previsto Samsung.
Que opinades deste dispositivo? Levaríadelo no peto como smartphone principal?
Eu non o mercaría nin tolo… Nin é camara, nin é movil, o final acabas cunha remexida que non fai ben nin unha cousa nin a outra. O unico que aplaudo é o feito de que foron realistas a hora de facer este hibrido… 16 Megapixels e unha optica bastante decente… moito mellor que o seu competidor, o Lumia 1020, que monta un sensor de 41 megapixels para unha optica que non está a altura… habería que facer unha comparativa, pero aposto a que o Samsung quita fotografías de maior calidade que o Nokia…