O de vencellar smartphones chineses e baixa calidade é algo do pasado, pois ultimamente están a saír terminais que veñen pisando forte e abrindo competencia contra os monopolios que reinan na telefonía móbil. Hoxe queremos falarmos do novo dispositivo de Meizu, o MX3, que conta cunha pantalla de 5,1 polgadas cunha resolución de 1800 x 1080 píxeles e formato 15:9, un tanto extrano
Do resto de características destaca o seu procesador de 8 núcleos (o mesmo que o Galaxy S4 de Samsung), 2 GB de memoria RAM e versións de 16, 32, 64 e 128 GB. A súa batería é de 2400 mAh e as cámaras de 13 e 2 megapíxeles, con sendas lentes Sony.
Sobre Android 4.2 Jelly Bean sitúase unha capa propia do fabricante, Flyme 3.0, que engade novas funcionalidades e efectos de personalización, ademais de outras cousas máis habituais como filtros propios de cámara.
Estará dispoñíbel a finais de mes, nun principio unicamente na China, aínda que non se descarta a súa distribución fóra do país asiático. Os prezos varían entre os 300 € (16 GB) e 500 (128 GB).
Que vos parece?
Para bestas vós, con esa “bestia”
Desculpas polo erro e graciñas pola corrección!