Fíltranse as características do Samsung Galaxy S5

galaxy s5 concepto

Logo de que hai uns días unha entrevista á vicepresidenta de Samsung fixese apuntar a marzo ou abril como datas para presentar o Galaxy S5, os rumores sobre algunhas das súas características  non fan máis que aumentar.

Sammobile, unha fonte que adoita ser de moita confianza, confirma que haberá dúas versións do S5 atendendo ao material co que estará feito: metal (por uns 800 €) e plástico (arredor de 650 €).

En canto a características técnicas sábese que terá unha pantalla AMOLED de resolución 2560 x 1440, aínda que non se especifica o tamaño (andará polas 5 – 5.25 polgadas). A cámara será de 16 megapíxeles e integrará un procesador SnapDragon 805 ou Exynos 6, dependendo de se é o modelo con LTE ou non.

Agárdase que sexa presentado en marzo en Londres e que se poña á venda en abril

Así mesmo, tamén se confirma que haberá versións Mini e Zoom, como xa pasou co Galaxy S4, que verían a luz entre maio e xuño.

Vía

Sobre o autor

No Responses

Reply