Como rootear e instalar a Play Store no Nokia X

Nokia X rooteado

Como sabedes, as semana pasada no MWC Nokia presentou 3 dispositivo Android, do que xa analizamos o Nokia X, o terminal básico de referencia.

Malia ter pasado pouco tempo, xa é posíbel rootear o dispositivo e instalarlle as Google Apps, incluíndo a Play Store, o que nos permite ter un dispositivo máis completo ao poder acceder ao mercado oficial de aplicacións de Google, moito máis amplo.

Rootear un Nokia X é tan sinxelo como seguir os seguintes pasos

  1. Descargar e instalar Framaroot.
  2. Abrir Framaroot e seleccionar “Gandalf”.
  3. Reiniciar o móbil

Con isto xa teremos o dispositivo rooteado, polo que semella que desde Nokia non quixeron poñer moitas trabas a que a xente trebellase nos seus dispositivos. Instalar a Play Store e os servizos de Google para poder logo instalar o resto de aplicacións tampouco é moito máis complicado. Debemos facer o seguinte:

1.- Instalar unha aplicación de exploración de arquivos root. Nós recomendamos Root Explorer, que se pode instalar desde a tenda de Amazon.

2.- Extraer todas as aplicacións deste paquete e copialas a /system/app, dándolle estes permisos:

nokia x permisos

3.- Reiniciar o móbil

Agora xa poderemos instalar as aplicacións de Google buscándoas na Play Store que temos instalada. Doado, non?

Via

Sobre o autor

No Responses

Reply