Moto Stream, o gadget que animará as túas festas

Logo do éxito e notoriedade que está a colleitar Motorola nos últimos meses coa súa gama de smartphones (Moto G, Moto X, Moto E), esta tarde veñen de ir un paso máis aló e adentrarse no ambicioso mundo dos gadgets co Moto Stream, un trebello que en certa medida nos lembra ao non-nacido Nexus Q.

moto stream

A única función do Moto Stream é servir como trebello canalizador do streaming que fagamos da música dos nosos trebellos cara uns altofalantes, grazas ao cal unicamente teremos que sincronizalo a través do Bluetooth, admitindo un máximo de 5 smartphones, tablets ou ordenadores a un tempo.

Mais se algo sorprende é, como xa nos ten acostumados Motorola, o seu prezo, pois tan só custa 50 dólares. Estará dispoñíbel nos Estados Unidos a partir do 6 de xuño, aínda que non está claro que vaia chegar ao noso País de maneira oficial.

Podedes atopar máis información na web de Motorola.

Sobre o autor

Reply