Un dos métodos máis sinxelos de protexer o noso Android é establecendo un patrón de desbloqueo. Das moitas opcións que existen, en Behance publicaron unha infografía en clave humorística cos supostos patróns de desbloqueo de persoeiros do mundo real e da ficción. Cal é o voso preferido?