Logo de Google anunciase a nova versión de Android (5.0 – Lollipop) comeza a pingueira de información sobre dispositivos que recibirán a súa dose de actualización en forma de piruleta. Nesta listaxe, en constante crecemento, iremos publicando todos os modelos que confirmen a actualización a Android 5.0:
- Nexus 4 (confirmado por Google o 15/10/2014)
- Nexus 5 (confirmado por Google o 15/10/2014)
- Nexus 6 (trae de serie)
- Nexus 7 2012 (confirmado por Google o 15/10/2014)
- Nexus 7 2013 (confirmado por Google o 15/10/2014)
- Nexus 9 (trae de serie)
- Nexus 10 (confirmado por Google o 15/10/2014)
- Motorola Moto E (confirmado por Motorola o 15/10/2014)
- Motorola Moto G (confirmado por Motorola o 15/10/2014)
- Motorola Moto G 2014 (confirmado por Motorola o 15/10/2014)
- Motorola Moto X (confirmado por Motorola o 15/10/2014)
- Motorola Moto X 2014 (confirmado por Motorola o 15/10/2014)
- Motorola Droid Ultra (confirmado por Motorola o 15/10/2014)
- Motorola Droid Maxx (confirmado por Motorola o 15/10/2014)
- Motorola Droid Mini (confirmado por Motorola o 15/10/2014)
- HTC One (M7) (confirmado por HTC o 15/10/2014)
- HTC One (M8) (confirmado por HTC o 15/10/2014)
- Sony Xperia Z (confirmado por Sony o 16/10/2014)
- Sony Xperia ZL (confirmado por Sony o 16/10/2014)
- Sony Xperia ZR (confirmado por Sony o 16/10/2014)
- Sony Xperia Tablet Z (confirmado por Sony o 16/10/2014)
- Sony Xperia Z1 (confirmado por Sony o 16/10/2014)
- Sony Xperia Z1S (confirmado por Sony o 16/10/2014)
- Sony Xperia Z Ultra (confirmado por Sony o 16/10/2014)
- Sony Xperia Z1 Compact (confirmado por Sony o 16/10/2014)
- Sony Xperia Z2 (confirmado por Sony o 16/10/2014)
- Sony Xperia Z2 Tablet (confirmado por Sony o 16/10/2014)
- Sony Xperia Z3 (confirmado por Sony o 16/10/2014)
- Sony Xperia Z3v (confirmado por Sony o 16/10/2014)
- Sony Xperia Z3 Compact (confirmado por Sony o 16/10/2014)
- Sony Xperia Z3 Tablet Compact (confirmado por Sony o 16/10/2014)
- Samsung Galaxy S4 (*fonte fiábel)
- Samsung Galaxy S5 (confirmado por Samsung)
- Samsung Galaxy Note 4 (confirmado por Samsung)
- LG G2 (confirmado por LG o 27/10/2014)
- LG G3 (confirmado por LG o 27/10/2014)
- LG G Pro (confirmado por enxeñeiro de Google)
- LG G2 Pro (confirmado por enxeñeiro de Google)
- LG G Pad 8.3 (confirmado por enxeñeiro de Google)
- Asus Zenfone 4
- Asus Zenfone 5 – LTE
- Asus Zenfone 6
- Asus Padfone S
- Asus Padfone Infinity
(listaxe en crecemento constante)
Respecto ao Nexus 7, os dous modelos, ou só o último?
Non especificaron, estamos esperando confirmación
Confirmado: a ambos
Naturalmente, os que temos un bq non a cheiraremos, non?
Estamos a espera de resposta do fabricante. En canto teñamos información, farémola pública. Fica atento ao noso Twitter, @mallandroid
Vaia!
Rápido coma un foguete!
Saúde!
O Lollipop interesa, polo aquel de estar actualizado, pero interesa moito máis poder ter sistema en galego por fin.
Xa temos resposta oficial: “aínda é cedo para sabelo, tendo en conta que aínda non saiu”. Supoño que até novembro non teremos información
Tamén é verdade, si.
Por certo, falei de que teño un bq, pero non lle puxen nome ao bicho, que ven a ser un Aquaris E5 FHD.
Moi chulo, pero en galego sería moito máis chulo.
Tranqui, nós pedimos a listaxe completa. Así de ambiciosos somos hahaha 🙂
Seica LG xa confirmou que algúns dos seus dispositivos actualizaranse ao 5.0.
O LG G Pad 8.3 que confirmou o enxeñeiro de Google supoño que se referirá a versión Google Play Edition (V510), que se podia mercar só en Estados Unidos.
En España, a que se vendeu foi a versión estándar de LG (V500), e sobre esa, de momento LG non dixo nada de actualizala.
Pregunteilles o outro día, e a resposta foi “Por el momento no disponemos de información a este respecto de ahí que no podamos ofrecer una respuesta concluyente. En cuanto dispongamos de alguna información se les comunicará a través de los canales oficiales de LG (Blog LG, Web, etc.)”
Non, refírese ao modelo V500. Nas versións Play Edition o fabricante pouco pinta, xa que é Google que realiza a actualización.
Sobre a confirmación ou non de LG España simplemente diremos que non ofrecerán información sobre actualizacións mentres non a teñan lista, así que non podemos consideralos como fonte para informacións temperás.