WattUp cargará os nosos móbiles a distancia

Nos últimos anos proliferaron os sistemas de carga sen fíos a través de bases indutivas, tanto para smartphones como para trebellos do estilo do Moto 360. Isto permítenos maior comodidade, xa que non temos que andar enchufando os dispositivos a un cable; basta con que os coloquemos sobre unha base para que comecen a se cargar.

watt up

Un paso máis aló vai WattUp, un innovador sistema de carga que consiste nuns aparellos semellantes a un punto de acceso WiFi que podemos ter distribuídos pola casa, oficina ou onde queiramos, e que se encargan de cargar os trebellos a distancia.

Segundo confirmaron desde o CES, onde realizaron diversas demos, o sistema funciona entre os 5,7 e 5,8 GHz e emiten nuns 120º; poden emitir entre 1 e 4 wattios de potencia e cargar até 4 dispositivos nun radio de 5 metros, aínda que se pode configurar para ter 12 trebellos conectados recibindo 0,25 wattios cada un. O modo de funcionamento parte dun modo standby no que se atopa até que detecta un dispositivo a cargar, momento no que envía un feixe de enerxía cara o trebello para realizar a carga..

Con todo, haberá que agardar aínda para que este sistema sexa unha realidade palpábel nos nosos smartphones e tablets, posto que é preciso que os dispositivos teñan unha antena captadora de enerxía, ou cando menos unha funda que faga este traballo.

wattup_nexus

Todo o proceso de carga poderase programar desde unha aplicación desde a que poderemos indicar o modo no que se fai esta ou indicar cando se fará (p.e. cando quede menos do 30%).

Que vos parece? Será este o sistema de carga do futuro?

Sobre o autor

One Response

  1. Diego 11 Xaneiro, 2015 Responder

Reply