HP aposta polas tablets coas novas Pro Slate 8 e Pro Slate 10

hp pro slate 2

HP está a renovar o seu catálogo de tablets pensando en sacarlles proveito e sermos produtivos. Boa mostra diso son as novas HP Pro Slate 8 e HP Pro Slate 12, con diagonais de 7,9 e 12,3 polgadas, respectivamente. Con todo, a pequena ten bastante máis resolución, 2048 x 1536 fronte os 1600 x 1200 do modelo maior.

hp pro slate 3

Ambas as dúas comparten moitas das súas especificacións, como o procesador, un Qualcomm Snapdragon 800 (4 núcleos a 2,3 GHz, 2 GB de memoria RAM e 32 GB de memoria interna. Así mesmo véndense provistas dun stylus que dan en chamar Duet Pen, elaborado en colaboración con Qualcomm e que permite a escritura en pantalla e algunha que outra funcionalidade que non foi desvelada.

hp pro slate

A pequena sae á venda por 449 $, mentres que a grande ascende a 569 $. En ambos casos veñen con Android 4.4 e diversas aplicacións elaboradas pola compañía que están orientadas ao mundo empresarial.

Sobre o autor

Reply