Gigabyte vén de anunciar os seus tres novos smartphones Android

Gigabyte-Logo
Gigabyte tamén quere lanzar algún terminal a comezos de ano e quere facelo pola porta grande, xa que non estamos a falar da presentación dun terminal senón que estamos a falar de tres terminais distintos, un para cada gama do mercado. O GSmart Guru GX, o GSmart Mika MX e o GSmart Roma RX.
O primiero do que imos a falar é do Gigabyte GSmart Guru GX, un terminal de gama media alta que conta cun panel IPS de 5 pulgadas con resolución FullHD, un procesador Qualcomm Snapdragon 615 octa-core a 64-bit, o cal ven acompañado de 2 GB de RAM e 32 GB de memoria interna, ampliable mediante microSD. Se falamos do seu soporte fotográfico componse dunha cámara traseira de 13 megapíxeles e unha frontal de 5 megapíxeles, conta con soporte LTE e trae consigo unha batería de 2.300 mAh. As súas medidas son de 139 x 69 x 7 mm e data de saída prevista deste terminal é para o mes de Marzo.
Gigabyte-guru-gx-1

O seguinte smartphone do que imos falar é o Gigabyte GSmart Mika MX, un dispositivo que irá dirixido á gama media do mercado. Este teléfono ten unha pantalla de 5 pulgadas qHD, o procesador quad core Snapdragon 410 de 64 bits cunha memoria RAM dun 1 GB. O resto das especificaciones son unha cámara traseira de 5 megapíxeles, unha cámara frontal de 2 megapíxeles, soporte LTE e unha batería de 3.000 mAh. As súas medidas son de 143 x 72 x 9.8 mm e a data de saída deste terminal non foi concretada polo dagora.

Gigabyte-guru-mx-1

O último smartphone do que imos a falar, é o Gigabyte GSmart Roma RX, un dispositivo que vai dirixido a todos aqueles que non requieren demasiada potencia, e que tampouco queren invertir demasiado cartos nun terminal. A pantalla segue sendo de 5 pulgadas como nos dous modelos anteriores, sen embargo a súa resolución é tan só FWVGA, o procesador empregado está firmado por MediaTek, un MT6582 quad core a 1.3 GHz e 512 MB de RAM. A cámara traseira conta cun sensor de 5 megapíxeles, mentras que a frontal dispó dun sensor de 0.3 megapíxeles. O almacenamento interno é de 4 GB que pode ser ampliado mediante microSD e unha batería de 2.000 mAh. As súas medidas son de 142 x 73 x 9.5 mm e como no caso do Mika MX descoñecese a data a saída a mercado.

Gigabyte-guru-rx-1

A día de hoxe Gigabyte non dou ningunha información sobre os prezos que terán os seus novos smartphones.

Vía

Sobre o autor

Reply