Hoxe achegámosvos un xogo tremendamente aditivo co que ben seguro pasares o voso tempo de lecer. Chámase Laser Box.
Este xogo é básicamente un puzzle no cal ao comezo da pantalla temos un raio láser que apunta nunha dirección e mediante outras pezas, podemos redirixir este raio e así alcalzar un obxectivo predefinido.
Semella doado? Pois ao acadar un certo nível xa non, é aí está a graza do xogo. Co paso dos níveis a cousa vaise poñendo máis e máis difícil, podendo atoparnos con 2 raios que teñen que chegar a un número case infinito de obxectivos. Ademáis se nos gusta, temos diversión para un cacho, pois conta 120 níveis.
Neste xogo non temos límite de tempo para superar cada fase, o que temos é que pensar para ir paso a paso colocando as pezas que redirixen o raio láser e completar a proba; nalgúns casos o raio vai dirixido a un obxectivo para destruilo noutros casos so temos e evitar que un raio apunte directamete a outro.
As opcións de xogo son reducidas, pero non precisamos máis. Podemos destacar as habituais opcións de son, e ademáis temos outras específicas de axudas no xogo. Por exemplo, se prememos a casilla de suxerencia (que podemos empregar até 3 veces) diranos onde colocar as pezas que redirixen o láser. Moi útil cando non vemos o camiño correcto. E outra menos drástica que consiste en resetear a pantalla e volver a colocar as pezas como ao comezo para volver a intentalo.
Laser Box foi un xogo que nos gustou moito e se pensades que vos pode gustar, tédelo para a súa descarga de balde na Play Store.