Motorola vén de publicar unha infografía que recolle algúns datos da nosa relación cos smartphones, tras realizar un estudo no que máis de 7000 adultos de sete países, entre eles o noso, responderon ás súas preguntas.
Cuestións como durmir co móbil, usalo no baño ou ser o primeiro que salvaríamos nun incendio son algunhas delas. Podedes ver os resultados graficamente na seguinte imaxe.
Nesta estadística tiñamos que ter en conta que a xente, normalmente, mente mais do que fala.