Masmóvil é con certeza a compañía que máis opcións de configuración permite á súa clientela, cun sistema de personalización que permite crear unha tarifa a medida, tanto en número de minutos como na cantidade de datos que ofrece. Deste xeito podemos combinar 500 MB (3,70 €), 1 GB (5 €) ou 2 GB (9,90 €) con bonos de 40 minutos (2,30 €), 100 minutos (4 €) ou 250 minutos (8 €).
A compañía, que usa a rede de Orange para dar cobertura aos seus clientes, anuncia agora unha tarifa con chamadas ilimitadas para as persoas máis falangueiras, a Tarifa Más Ilimitada, que por 18,90 € ao mes inclúe 2 GB de navegación e as chamadas que precisemos. Unha vez superados os datos da tarifa pódense pagar os datos extra ou contratar unha ampliación de 200 MB a máxima velocidade, tras os cales se reducirá.
Esta nova tarifa, como o resto das que ofrece a compañía, non ten permanencia e se pode contratar desde a web, no teléfono gratuíto 900 835 743 ou a través da rede de distribuidores físicos que hai por todo o país.