Woxter anuncia a súa smartband: Woxter SmartFit

Woxter vén de sumarse ao crecente número de fabricantes que están a desenvolver wearables para controlar a actividade física e o sono coa nova Woxter SmartFit, unha pulseira cuantificadora.

O trebello incorpora unha pantalla de 0,91 polgadas (resolución 128 x 64 píxeles) que pode amosar até 32 caracteres a un tempo, o que permite tamén acceder a algunhas notificacións do propio smartphone. Así mesmo, ten 75 mAh de batería que ofrece unha autonomía de entre 5 e 7 días de duración e que ademais pode recargarse mediante calquera conexión USB.

Centrándonos xa nas funcións, a SmarFit de Woxter é un completo dentro de notificacións do noso smartphone, a través de vibración e tamén identificando as mensaxes na pantalla (sms, WhatsApp, redes sociais…). Así mesmo compórtase como un asistente deportivo, medindo os pasos, distancia percorrida e calorías queimadas.

Ten implementada unha alerta de sendentarismo que detecta cando botamos moito tempo sentados para animarnos a que nos movamos, e un monitor de sono que se encargará de indicarnos se dormimos ben ou non, lembrándonos de que debemos ir para cama.

A Woxter SmartFit está dispoñíbel por 34, 90 €, e pode complementarse cun pack de pulseiras intercambiábeis para mudar a cor por 9,90 €. Hai 2 packs deste tipo dispoñíbeis: un coas correas negra e azul, e outro coas rosa e laranxa.

Sobre o autor

Reply