O One Plus X preséntanos o seu acabado cerámico

O OnePlus X, do cal xa falamos no seu momento e se queredes lembrar algo máis sobre as súas especificacións só tedes que premer nesta ligazón, preséntanos hoxe a súa versión máis “fina” por así dicilo. E é que One Plus anunciou oficalmente a través dun post en Twitter, que a partires do día 24 de novembro poderíamos acceder a mercar un da edición limitada de 10.000 exemplares do “OnePlus X Edición de cerámica”, iso si, sempre por invitación, a un prezo de 369€.

A tirada desta edición é moi limitada tendo en conta o proceso que é necesario para a súa elaboración, falamos da realización das placas de zirconia, procedentes de Australia. Un proceso complexo que require de 25 días e implica a cocción da zirconia a unha temperatura que pode chegar os 1.480º Celsius, dous días para o seu enfriamento e así poder obter un material cunha forza de 8.5 puntos na escala Mohs e finalmente varios pasos de pulido industrial para obter un acabado brillante.

oneplus x - 1

O único cambio que atopamos co modelo orixinal é o prezo, significativamente superior debido ó proceso de artesanía requerida.

Sobre o autor

Reply