O Chromebit chega ao noso país o día 15 por 119 €

Hai un par de semanas Asus puxo á venda o Chromebit en EEUU e agora vén de anunciar que a partir do 15 de decembro poderémolo mercar no noso país por 119 €, chegando a tempo para a campaña de agasallos de Nadal.

O trebello, que pouco máis ocupa ca un chisqueiro, conéctase ao televisor a través do conector HDMI, transformando a nosa pantalla nun computador con ChromeOS, un sistema operativo baseado na nube que nos permite facer todo o que podemos facer desde un navegador.

chrome cs10

En canto a especificacións, o Chromebit incorpora un procesador Rockchip RK3288-C, 2 GB de memoria RAM, 16 GB de memoria interna e conectividade WiFi, Bluetooth 4.0 e USB 2.0. Ademais, Google agasalla con 100 GB de espazo gratuíto en Drive.

Como comentabamos ao comezo, teremos que agardar ao 15 de decembro para poder facernos con el, tanto a través de tendas físicas como en liña.

Sobre o autor

Reply