JBL Spinner BT, o novo reprodutor de vinilos con Bluetooth de JBL

JBL vén de presentar un novo reprodutor de vinilos, o JBL Spinner BT, que destaca tanto polo seu deseño e estética vintaxe, como por ofrecer funcións innovadoras, entre as que está a reprodución de vinilos sen fíos a través de Bluetooth.

O novo JBL Spinner BT emparéllase de xeito moi doado con altofalantes portátiles, barras de son e auriculares a través de Bluetooth para a reprodución sen fíos de vinilos con codificación aptX HD, o que garante que o son auténtico deste formato non se vexa comprometido. Para unha conexión por cable, o tocadiscos dispón tamén de saída analóxica cunha fase de fono de imán móbil intercambiábel, perfecta para o seu uso con sistemas de audio por compoñentes tradicionais ou sistemas de altofalantes activos.

En canto ao seu deseño, está formado por un plato e un tóner de aluminio, así coma un zócalo de MDF negro con detalles en laranxa de JBL, contando ademáis cun moderno panel frontal e unha cuberta antipó con bisagras.

É capaz de reproducir discos en tempo a 33 1/3 rpm para LP e 45 rpm para EP e sinxelos. As velociades bloquéanse cun sensor para garantir o ton perfecto do plano de aluminio impulsado por correa. O tóner conta ademais cun cartucho de imán móbil Audio Technica de alta calidade preinstalado nun cabezal extraíbel para facilitar a sustitución e actualización.

Dispoñibilidade e prezo

O JBL Spinner BT estará dispoñíbel a partir do mes de decembro en dúas combinacións de cores, Black & Orange (negro e laranxa) e Black & Gold (negrou e dourado), por un prezo de 399,99 €. Poderanse adquirir en jbl.com.

Sobre o autor

Reply