Whatsapp pecha no Brasil durante 11 horas

Desde hoxe Whatsapp vai deixar de funcionar no Brasil por orde dun xuíz durante 48 horas que comezan este xoves. Vaiamos por partes.

Este tipo de actuacións por parte da xustiza brasileira non son novas para a empresa de mensaxería, pois a comezos de anos xa tivo un bloqueo semellante. Daquela a acusación fóra non colaborar nunha investigación policial sobre pedofilia. Desta volta é unha medida cautelar a petición dun demandante anónimo.

Segundo medios locais, detrás este segundo bloqueo poderían estar as operadoras de telefonía para presionar ao goberno a que regule o servizo “gratuito” que ofrece Whatsapp: queren ser elas as que monopolicen os servizos de chamadas e mensaxes. Por outra banda, tamén se baralla a posibilidade de ser un bloqueo por mor do roubo de datos confidenciais de usuarias.

Pois ben esta é a cronoloxía dos feitos, pero ao final o bloqueo foi só de 11 horas e agora mesmo a app xa volve funcionar. Aínda así os problemas para Whatsapp non rematan, pois agora o xuíz pensa subir a sanción económica que xa ascende aos 6 millóns de dólares desde que comezaron as reclamacións da xustiza a principios de ano.

Sobre o autor

Reply