Filtrado o novo Samsung Galaxy J7 (2016)

Samsung segue a traballar na renovación de todas as gamas de produto para este ano 2016, e tras o lanzamento dos S7 e S7 Edge, que están a superar todas as espectativas en número de vendas, comezan a chegar as primeiras informacións e imaxes do novo Samsung Galaxy J7 (2016).

A familia Galaxy J é a gama de entrada de Samsung, evolución da serie Mini que tanta xente tivo hai uns anos, aínda que co correspondente salto en calidade que incorporaron os terminais da empresa nos últimos tempos, tanto nos acabados coa aposta polo metal nos laterais como nas características técnicas.

Samsung Galaxy J7

Segundo a información filtrada, o novo Galaxy J7 virá cunha pantalla de 5,5 polgadas (calidade HD), procesador Samsung Exynos 7870, 2 GB de memoria RAM, 16 GB de memoria interna ampliábeis por microSD e batería de 3300 mAh. Virá de fábrica con Android 6.0.1.

Imaxinamos que este dispositivo non tardará en ser anunciado de forma oficial, dado que o máis probábel é que Samsung teña pensado que sexa un dos trebellos cos que afrontar a campaña de verán.

Sobre o autor

Reply