O Samsung Galaxy C5 faise oficial na China

Samsung anunciou estes días desde China un novo trebello da súa gama media, o Samsung Galaxy C5. Trátase dun dispositivo de gama media que destaca polo seu deseño e acabados metálicos, alén de por ter un grosor de apenas 6,7 milímetros.

O novo terminal da marca surcoreana incorpora unha pantalla AMOLED de 5,2 polgadas e resolución FullHD, e no seu interior leva un procesador Qualcommn, concretamente o modelo Snapdragon 617. Acompáñano 4 GB de memoria RAM E unha memoria interna de 32 ou 64 GB, que poden ser ampliados mediante tarxetas microSD.

Samsung Galaxy C5 - 1

En canto a cámaras, a principal é de 16 megapíxeles e sobresae un chis da parte traseira do dispositivo, mentres que no caso do sensor frontal apostaron por un sensor de 8 megapíxeles. A batería é de 2600 mAh, ten espazo para dúas tarxetas SIM e dispón de lector de pegadas dixitais, situado no botón de inicio / home.

Está dispoñíbel de momento na China (aínda que é mais que probábeñ que o vexamos noutros países coma o noso) en catro cores (dourado, rosa, gris e prata) por un prezo de 300 € ao cambio.

Sobre o autor

Reply