Navegadores lixeiros para usar nos vosos smartphones antigos

Un dos principais problemas que atopamos á hora de decidir que smartphone mercar é pensar na potencia bruta coa que conta ese terminal e se vai ser dabondo para abrir aplicacións con axilidade durante un periodo medio-longo. Dicimos isto, pois co paso do tempo e as actualizacións constantes é díficil usar un terminal con satisfacción durante máis de 2 anos, xa que cada vez vólvese máis lento.

Cómpre non confundir potencia e rendemento, pois non sempre existe unha relación directa entre potencia e rendemento dun terminal, e por moi potente que sexa o seu hardware pode ter un software pésimo que estraga a experiencia.

Para tentar sacarlle o máximo partido a terminais básicos ou que están esgotando a súa vida útil, hoxe queremos achegarvos un par de suxerencias no apartado dos navegadores web lixeiros. Existen moitas opcións máis aló do navegador xenérico que ven preinstalado ou os míticos Google Chrome ou Mozilla. As nosas propostas son:

Opera Mini

opera mini 01

opera mini 02

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

É un navegador multiplataforma que na súa versión Android ocupa tan só 3,5 MB e a cambio temos moitas opcións das que podemos destacar a posibilidade de cambiar tema da aplicación para que visualmente se adapte aos nosos gustos, podemos abrir varias pestañas para abrir máis dunha web ao tempo, navegación de incógnito, e mesmo modo aforro de datos entre outras.

Este é un dos navegadores lixeiros máis completos que podemos atopar e podemos descargalo nesta ligazón á Play Store.

Dolphin Zero Incognito Browser

dolphin zero

A diferencia do anterior, este navegador é moi básico e case non conta con opcións. Só permite navegar en modo incógnito, borrar os datos ao rematar de usar a app e elixir o buscador que queremos empregar entre Google, Bing, Yahoo e DDG. Ao seu favor, cómpre dicir que só ocupa medio mega e se buscamos unha opción lixeira sacrificando funcións está é a vosa opción. Podedes descargar nesta ligazón á Play Store.

E vós, sodes dos que descargades o navegador ou usades o que adoita ver preinstalado para cubrir as vosas necesidades?

Sobre o autor

Reply