Instagram Live, agora con vídeos en directo e mensaxes autodestruíbeis

instagram-live

Instagram leva algún tempo recollendo as mellores características de outras aplicacións para seducir ás usuarias e, tras o éxito das súas Instagram Stories, apúntase ao vídeo en directo con Instagram Live. Súmase así a aplicacións como Periscope ou o propio Facebook con Live vídeo en ofrecer unha das funcionalidades máis demandadas.

instagram-live-2

Instagram Live engádese como unha funcionalidade extra das Stories de Instagram, aínda que semella que os videos emitidos mediante esta fórmula non se gardan, senón que unicamente ponde verse durante o momento de emisión en vídeo.

A idea detrás de Live é semellante á das Stories, fomentar que compartamos cousas da nosa vida diaria sen a relevancia para que nos interese que queden gardadas para a eternidade.

Mensaxes que se autodestrúen

Xunto ás novidades do directo, Instagram tamén nos ofrece agora a posibilidade de enviar fotografías e comentarios que se autodestrúen ao cabo dun tempo, unha fórmula ideal para compartir esas cousas que tampouco teñen moita relevancia pasado un tempo.

instagram-live-3

Dispoñibilidade

Estas novas opcións que engade Instagram chegan cunha nova actualización da aplicación oficial, que se non temos instalada podemos descargar desde a Play Store.

Máis info | Instagram

Sobre o autor

Reply