Lowi anunciou días atrás importantes novidades nas súas tarifas de móbil, fibra e produtos combinados, unhas melloras que serán aplicadas tanto ás clientas actuais como ás novas altas.
A partir destes cambios as usuarias poden contratar 50 megas de fibra por tan só 30 €, un produto básico que ofrece unha conexión a Internet sen teléfono fixo. A partir de aí pódese engadir unha liña móbil con 2 GB de datos e chamadas ilimitadas, quedando o produto combinado nos 37 €/mes, ou optar por outras opcións con máis gigas para navegar desde o móbil.
En calquera caso, as novidades máis importantes chegan ao produto móbil, con paquetes que cuben diferentes necesidades de datos:
- Chamadas a 0 cts e 1 GB, por 6€/mes.
- Chamadas a 0 cts e 2 GB, por 7€/mes.
- Chamadas a 0 cts e 3 GB, por 9€/mes.
- Chamadas a 0 cts e 4 GB, por 10€/mes.
- Chamadas a 0 cts e 5 GB, por 12€/mes.
- Chamadas a 0 cts e 8 GB, por 15€/mes.
Se precisades un bono de minutos, alguhas das configuracións dispoñíbeis son:
- 120 min e 1GB, por 11€/mes.
- 120 min e 4GB, por 15€/mes.
- Chamadas ilimitadas e 1GB, por 16€/mes.
- Chamadas ilimitadas e 4GB, por 20€/mes.
De seguro, que moitas de vós dubidades se é un prezo promcional ou non, é o que temos que dicir é que é definitivo para todas as súas clientas. Ademáis, estas novidades non implican a desaparición doutros dos beneficios que aporta esta empresa ás súas clientas, coma son acumular e compartir megas e non ter permanencia, entre outras.
Aínda que as novas clientas xa poden disfrutar das novas tarifas desde o momento da alta, as usuarias actuais beneficiaranse destes cambios a partir do 1 de outubro.