Lowi anunciou onte unha importante actualización das súas tarifas que afecta tanto ás usuarias actuais como ás novas clientas. Desde xa mesmo, a marca de baixo custe de Vodafone aplicará as novas opcións, que incrementan notabelmente os datos incluídos.
As opcións de 1, 2, 3 e 4 GB mantéñense sen cambios, pero as de 5 GB quedan deste xeito:
- Os actuais 5 GB e chamadas a 0 cént/min pasan a ter 6 GB de datos pagando 1 euro menos, é dicir, 11 €/mes.
- Os actuais 5 GB con 120 minutos (16 €/mes) ou 5 GB con ilimitadas (21 €/mes) pasan a ter 12 GB mantendo o prezo.
Por outra banda, as actuais clientas con 8 GB pasan a ter 20 GB mantendo o prezo, unha mellora que supón un incremento do 250%.
Tras estes cambios, as opcións de Lowi para usuarios só móbil son as seguintes:
- 1, 2, 3 ou 6 GB con chamadas a 0 cént/min.
- 1, 2, 3, 6 ou 12 GB con 120 minutos.
- 1, 2, 3, 6, 12 ou 20 GB con chamadas ilimitadas.
Para as persoas que, ademais de móbil teñen contratado fibra, os cambios quedan do seguinte xeito:
- As clientas de 50 MB + 5 GB + ilimitadas pasan a ter 12 GB mantendo o prezo de 42 €/mes.
- As clientas de 50 MB + 8 GB + ilimitadas pasan a ter 20 GB mantendo o prezo de 45 €/mes.
As novas clientas de Lowi só poden contratar as novas opcións, mentres que para o resto comezarán a aplicarse os cambios a partir do cambio de ciclo, é dicir, o 1 de marzo.